Privacidade
O Diario de IA Educativa non pide contas, non leva publicidade e non garda datos das persoas que o len.
As visitas
O diario conta as visitas e as páxinas que se abren, sen cookies. Ao contador só lle chega a suma: nin o enderezo IP, nin o navegador, nin ningún identificador. As cifras gárdanse por horas 25 meses como máximo, o prazo que dá como referencia a Agencia Española de Protección de Datos na súa guía sobre medición de audiencia, e despois queda só o total de cada ano.
O que queda no dispositivo do usuario
O navegador ou a app lembran durante 13 meses que páxinas xa se contaron, para non contalas dúas veces. Tamén lembran o tema, o idioma, a lectura en columnas e a velocidade da lectura en voz alta que se escollen, e gardan unha copia das páxinas abertas e do último número para ler sen conexión. A lectura en voz alta só usa as voces do propio dispositivo. Nada diso sae do dispositivo.
A app de Android
É esta mesma web e non recolle nada máis. Os avisos do número son opcionais: o móbil mira na web do diario se xa está publicado e non se envían datos.
Outros servizos
O diario publícase en GitHub Pages, que rexistra o enderezo IP de cada visita por seguridade, como explica na súa documentación. O contador está nun servidor de IONOS, que garda nos seus rexistros o enderezo IP sen a súa última parte durante unhas oito semanas. Os vídeos descárganse de Internet Archive só ao premer para velos. Os comentarios publícanse con giscus en GitHub. O diario mostra unha copia no seu propio sitio, e giscus só se carga ao premer «Comentar». Para comentar cómpre unha conta de GitHub, que garda o comentario e o nome de usuario coa súa propia política de privacidade.
As dúbidas pódense formular na páxina de contacto.